Lerma
Lerma
Río de México (515 km) que nace no altiplano de Toluca, no estado de México, e desemboca no lago Chapala, onde ten a súa prolongación o río Grande de Santiago. Os seus afluentes principais son Laja, Iranuato e Turbio. Posúe centrais hidroeléctricas en Tepuxtepec e Solís.