Lerner, Abba Ptachya

Lerner, Abba Ptachya

Economista moldavo. Nacionalizado estadounidense, na década de 1930 colaborou con Keynes na Universidade de Cambridge. Participou na fundación e foi coeditor da Review of Economic Studies (1933) e exerceu a docencia en diversas universidades norteamericanas. Escribiu The Economics of Control, Economics of Employement (1951) e Essays in Economic Analysis (1953).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Besarabia

  • Deceso

    Lugar : Talahassee, Florida