Lesta Meis, Xosé Francisco

Lesta Meis, Xosé Francisco

Escritor e xornalista. Relacionado cos escritores das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, cos que colaborou en diversas actividades, reflectiu na súa obra algúns aspectos autobiográficos e vivencias, costumes e hábitos das persoas do seu contorno. Emigrou a La Habana, onde decidiu dedicarse ao xornalismo en Eco de Galicia (1925-1930), no que mantivo a sección “De mi tierra”, e publicou algúns artigos en A Nosa Terra. O seu primeiro libro foi Manecho o da rúa (1926), que reflicte algunhas experiencias autobiográficas na súa estadía en Cuba e a saudade polas terras americanas. Posteriormente tirou do prelo Estebo (1927), unha obra localizada na Coruña, en que tamén analiza a problemática da emigración cubana, e Abellas de ouro (1930), unha colección de 13 retratos, sobre todo de mulleres próximas ao autor, mesmo por vínculos familiares, localizada tamén na súa parroquia natal e na illa cubana, de grande interese polos deus aspectos etnográficos e sociolóxicos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Oza, A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela