Lestón Romero, Melquíades
Mariñeiro e sindicalista. De ideoloxía anarcosindicalista, foi un dos fundadores da Unión Pesquera de Gijón, integrada en UGT en 1931, e un dos alicerces da súa posterior integración na CNT. Activo propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera nas súas estancias en Galicia, sorprendeulle a Guerra Civil Española en Gijón, onde ocupou o cargo de delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras e participou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Coa caída da fronte do Norte, logrou escapar a València, onde exerceu de secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no Campo de Albatera (Alacant) no remate da contenda, pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (València). Liberado a finais de 1945, exiliouse en Tunes e, máis tarde, en Uruguay.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Porto do Son -
Deceso
Lugar : Uruguay