Lestrobe, Pacto de

Lestrobe, Pacto de

Reunión clandestina celebrada o 16 de marzo de 1930 no Pazo de Hermida e promovida pola ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), baixo a presidencia de Santiago Casares Quiroga, á que foron convocados todos os elementos galeguistas e republicanos. Os asistentes, arredor de 50, acordaron a creación da Federación Republicana Gallega, que aglutinou a ORGA, a Alianza Republicana e o Partido Radical e tiña como principal obxectivo a implantación do réxime republicano democrático en España e a loita pola autonomía de Galicia. Nomeáronse dous representantes para actuar co resto das forzas republicanas españolas: Abad Conde, quen representou a FRG nun mitin en Madrid o 28 de setembro de 1930, xunto a outros representantes de distintas rexións; e Casares Quiroga, quen asistiu ao pacto de San Sebastián, en que se acadou unha alianza entre os grupos republicanos e os socialistas.