Lévi-Strauss, Claude
Antropólogo. Traballou coas comunidades indíxenas do Mato Grosso e a Amazônia (1934-1939). Desde 1941 foi subdirector do Musée de l’Homme en París, director de estudios na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne (1950-1974) e catedrático de Antropoloxía Social no Collège de France desde 1959. O seu método, que se desenvolveu en Anthropologie struturale I (1958) e en Le Totémisme aujourd’hui (1962), consiste nun tratamento dos fenómenos humanos que recorre, sobre todo, ao modelo fenomenolóxico. A súa obra capital, Les Mythologiques (1964-1971), representou unha destrución da historia e unha busca do tempo perdido. En La pensée sauvage (1962) e Anthropologie struturale II (1973) intentou fundamentar a súa epistemoloxía. Tamén publicou Paroles données (1984) e Regarder, écouter, lire (1993). Foi membro da Académie Française desde 1973.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bruxelas