leviatán

leviatán
s f [TÉXT]

Máquina empregada no lavado da la, formada por unha barca de ferro que contén o baño de sosa e de xabrón, un tear que introduce a la na rama e uns restrelos que se moven alternativamente co fin de avanzar. Ao final, outro dispositivo de restrelos extrae a la do baño e faina pasar por un escorredoiro. Xeralmente instálanse varios en serie, formando un tren de leviatáns.