Leyenda Negra

Leyenda Negra

Interpretación pexorativa da historia de España, segundo a historiografía española, en especial a que fai referencia aos reinados dos Austrias e dos Borbóns. Empezou a estenderse a partir do reinado de Filipe II, despois da Guerra de Secesión de Flandres e da pouco aclarada morte de Carlos de Austria. Tivo a súa orixe na rivalidade de diversos países europeos coa monarquía hispana e o seu imperio de ultramar. A lenda nutriuse dos abusos na colonización de América e da dureza da Inquisición española.