Leyma

Leyma

Grupo lácteo fundado en 1969 na Coruña, dedicado á comercialización de leite e derivados. Na década de 1980 transformouse en Cooperativa Agraria de La Coruña (CAP) e creou Quesos de Galicia SA (Quegalsa). En 1995 adquiriu a firma Lactaria Española SA, dedicada ao sector da fabricación de produtos lácteos e propietaria da marca Ram, e deu lugar ao grupo Leyma-Ram. En 1999 Puleva adquiriu o 75% do grupo Leyma-Ram e en xuño de 2000 comprou o 25% restante.