liberación

liberación

(

  1. s f

    Acción e efecto de liberar ou de liberarse.

  2. teoloxía da liberación [FILOS/RELIX]

    Interpretación teolóxica cristiá da salvación ou da liberación que recorre a teorías sociais, políticas e económicas na súa metodoloxía. O concepto foi empregado por primeira vez en América Latina a finais da década de 1960 por Rubén Alves, Gustavo Gutiérrez, Hugo Assmann, Leonardo Boff e outros teólogos católicos e protestantes preocupados pola pobreza estrutural (xurdiu concretamente da II Conferencia General del Consejo Episcopal Latinoamericano, celebrado en Medellín en 1968). Baséase en sistemas teóricos de dependencia e nunha análise e crítica marxista ao papel da relixión na sociedade, así como en varios temas bíblicos fundamentais. Procura un proxecto social que ten como obxectivo transformar a sociedade de xeito que se superen as condicións de pobreza, opresión e violencia, entendendo a Igrexa como unha comunidade ao servizo do pobo, e a súa xerarquía e organización só é lexítima en tanto que preste este servicio.