liberto -ta
liberto -ta
(
adx e s
[HIST]
Aplícase ao escravo ao que o seu amo lle concedeu a liberdade. En Grecia e Roma, os escravos acadaban a liberdade, pero con limitacións xurídicas e obrigas respecto ao seu amo. Deste xeito, mantiveron as súas antigas ocupacións, e a súa situación cambiou pouco, pero nalgúns casos acadaron unha considerable riqueza e ocupáronse dos asuntos comerciais menosprezados polas grandes familias. Así mesmo, os libertos imperiais, antigos escravos da administración, acadaron unha forza política importante.