Libia, deserto de
Libia, deserto de
Deserto do N de África, continuación oriental de Sáhara, que se estende desde as montañas do Tibesti ao O ata o val do Nilo ao L (2.000.000 km2). Está constituído por unha chaira inclinada cara ao O, onde destacan dunas e mesetas pedregosas, separada dos altiplanos do N de Cirenaica por unha gran depresión.