Liborio
Liborio
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do nome latino Liborius, de orixe incerta. Pode considerarse un derivado do verbo latino libo ‘ofrendar’, ‘consagrado aos deuses’ ou unha variante de Liberio, nome antigo derivado de liber ‘libre’ (masculino de Libertas ‘liberdade’). San Liborio de Le Mans (s IV) celébrase o 23 de xullo.