1 libra
(
-
s
f
[METROL]
Antiga unidade de peso, que en Galicia tiña un valor aproximado de medio quilo (575 g).
-
[ECON]
-
s
f
Moeda de influencia anglosaxona.
-
libra de Chipre
Unidade monetaria principal de Chipre que se divide en 100 centésimas (£).
-
libra esterlina
Unidade monetaria de Reino Unido desde 1707, que se divide en 100 peniques. Ata 1971 dividíase en 20 xilíns, e cada xilín en 12 peniques (£).
-
libra exipcia
Unidade monetaria principal de Exipto, creada en 1916, que se e divide en 100 piastras (£ E).
-
libra irlandesa
Moeda oficial de Irlanda desde o 20 de agosto de 1927 ata que foi substituída polo euro en 2002. Ata a súa entrada no Sistema Monetario Europeo (SME) permaneceu vinculada á libra esterlina (£).
-
libra libanesa
Unidade monetaria principal de Líbano, desde 1920, que se e divide en 100 piastras (£ Leb).
-
libra maltesa
Unidade monetaria principal de Malta, desde 1968, que se divide en 100 céntimos (£ M).
-
libra siria
Unidade monetaria principal de Siria, desde 1920, que se divide en 100 piastras (£ Syr).
-
libra sudanesa
Unidade monetaria principal de Sudán ata maio de 1992, cando foi substituída polo dinar. Estaba dividida en 100 piastras (£ S).
-
libra xibraltareña
Unidade monetaria principal de Xibraltar que se divide en 100 peniques. Mantén a paridade coa libra esterlina (£).
-
s
f
-
s
f
[METROL]
Unidade de masa do sistema británico que equivale a 453,592 g.
-
[NUMIS]
-
libra de conta
Unidade de conta que se basea no peso de prata e o seu valor contido en 240 diñeiros, durante a Idade Media. Despois da substitución da libra ponderal polo marco, a libra designou exclusivamente o valor de 240 diñeiros. O diñeiro foi a base da contabilidade pero como tiña un valor reducido, para a maior parte das operacións empregábanse os seus múltiplos: o soldo (12 diñeiros) e a libra (240 diñeiros). A variación no contido de prata dos diñeiros afectaba automaticamante ao valor da libra de referencia, que provocou un incremento dos prezos.
-
libra ponderal monetaria
Unidade de peso que se emprega como referencia para establecer o peso das moedas. As disposicións dos soberanos indicaban o número de pezas que facían unha libra. No s XII, foi substituída polo marco como unidade de referencia das moedas.
-
libra reformada de Carlomagno
Unidade ponderal que introduciu Carlomagno en 793-794, e que incrementou a libra romana ata un valor aproximado a 489 g. Carlomagno introduciu tamén unha moeda de curso legal, o diñeiro de prata, e estableceu a obrigatoriedade de que cada libra se dividise en 240 diñeiros de prata.
-
libra romana
Unidade ponderal itálica que se empregou desde a Antigüidade e que serviu como patrón para a moeda romana. Ten a súa orixe na litra, patrón de peso entre os pobos sículo. Inicialmente non tiña un peso regular, pero despois da reorganización das emisións, coincidindo coa aparición do denario e a introdución das emisións do bronce sextante, a partir de 187 a C as moedas dábanlle un peso teórico de 327 g.
-
libra de conta