libre

libre

(< lat liber)

  1. adx
    1. Que pode actuar e decidir con liberdade.

      Ex: Es libre de casar con quen queiras. Gústalle ser libre e non lle ter que dar contas a ninguén.

    2. Que non está preso, suxeito nin encerrado.

      Ex: Quedou libre tras cumprir a condena. Deixou libre as troitas que non daban a medida.

      Confrontacións: ceibe.
    3. Que non está baixo o dominio doutro.

      Ex: O proceso de descolonización fixo libres a moitos países africanos.

    4. Que se respectan os dereitos dos cidadáns.

      Ex: Os países libres condenaron a opresión das ditaduras.

    5. [BOT]

      Aplícase ás pezas florais que non están soldadas.

    1. adx

      Que non está sometido a regras nin condicións.

      Ex: O movemento hippy defendía o amor libre.

    2. adx

      Que se pode mover con liberdade.

      Ex: Estas luvas déixanche os dedos libres para poder escribir.

    3. adx

      Que non presenta obstáculos.

      Ex: Despois de quitar a neve a estrada quedou libre.

    4. adx

      Que se pode acceder con liberdade.

      Ex: Hoxe hai unha conferencia con entrada libre.

    5. adx [EDUC]

      Que non está matriculado en algo, pero que estudia pola súa conta, facendo só as probas avaliativas.

    6. adx [TECNOL]

      Que se pode mover de xeito independente da engrenaxe.

    7. adx [FÍS/QUÍM]

      Aplícase a un corpo químico que non está combinado.

    8. libre comercio [ECON]

      Forma de organización do tráfico mercantil en que a circulación das mercadorías se establece segundo as decisións individuais.

    9. traducción libre

      Tradución que ten en conta as peculiaridades estilísticas da lingua e do texto que se está a traducir, e que se axusta ao sentido e non á literalidade das palabras.

  2. adx [DEP]

    Aplícase á competición en que cada participante pode elixir o seu propio estilo de realización.

  3. adx e s [DEP]

    Aplícase ao xogador de fútbol sen marcaxe nin posicións determinadas, que adoita ocuparse de labores defensivos.

  4. adx
    1. Que non está ocupado ou cheo.

      Ex: Xa non quedaban asentos libres no autobús. Mira se hai espazo libre na neveira.

    2. Que non está comprometido.

      Ex: Non hai pasaxes libres, xa está todo reservado.

    3. Que está solteiro e sen compromiso.

      Ex: É un home libre e pode saír con quen queira.

  5. adx
    1. Que non ten nada negativo.

      Ex: A vaixela trae unha garantía que certifica que está libre de defectos. Xa estou libre de preocupacións por uns días.

    2. Que está dispensado de algo.

      Ex: O piso está libre de cargas.

  6. adx

    Aplícase ao tempo de que se dispón fóra do traballo ou das obrigas habituais.

    Ex: Se mañá tes libre un momento podemos tomar un café xuntos.

  7. mans libres [TECNOL]

    Dispositivo que, axustado a un teléfono móbil, serve para poder facer ou recibir chamadas sen necesidade de empregar as mans, activando o teléfono por medio da voz ou premendo só unha tecla.