librea

librea

(

  1. s f [INDUM]

    Traxe de uniforme con levita, xeralmente de gala, que levan algúns empregados ou criados.

  2. s f [ZOOL]

    Conxunto de caracteres morfolóxicos accesorios e extremos que confiren a un animal o seu aspecto característico. A presenza de plumas, pelos, crinas, escamas e outras formacións epidérmicas (como cristas, esporóns ou colares), xunto coa súa disposición e coloración, son, entre outros, os elementos determinantes da librea. A librea dun animal pode ser permanente ou temporal. Neste último caso, o cambio de librea pode deberse a factores estacionais (a librea estival e a invernal de moitos animais) ou a outros factores, como os sexuais (librea nupcial).