Librepensadores, Secta de

Librepensadores, Secta de

Secta creada por Anthony Collins (1676-1729) a partir da obra A ; Discourse on Freethinking, Occasion’d by the Rise and Growth of a Set Call’d Free-Thinkers (1713). Nela, defendeu a razón humana como medio para interpretar a relixión cristiá e intentou mostrar a falta de certeza da profecía e do rexistrado no Novo Testamento. Tamén escribiu A ; Discourse of the Grounds and Reasons of the Christian Religion (1724) e The Scheme of Literal Prophecy Considered (1727), onde tentou probar a falsidade da relixión cristiá.

Palabras veciñas

libreiro -ra | libremes | librepensador -ra | Librepensadores, Secta de | librepensamento | librería | Librescena Producións