Librescena Producións

Librescena Producións
[ESPECT]

Compañía teatral fundada na Coruña e integrada por Xosé Ramón, director de escena, e Miguel Pernas, actor. Os seus obxectivos son afrontar os retos do novo milenio desde unha perspectiva da produción e xestión teatrais totalmente aberta, coincidente co que vai ser o parámetro esencial do futuro próximo, a liberdade. Dos seus espectáculos destacan Mourenza (1995-1996), O Barbeiro de Sevilla (1997), Cyrano de Bergerac (1999, premio ao mellor espectáculo nos IV Premios María Casares), Otelo (2000), A morte e a doncela (2001), As obras completas de Will Shakespeare (Abreviadas) (2002) e Os cárceres do olvido (2003).

Palabras veciñas

Librepensadores, Secta de | librepensamento | librería | Librescena Producións | libresco -ca | libretista | libreto