Libreville
Libreville
Capital de Gabón e da provincia de Estuaire, situada na marxe N do esteiro do río Gabón (362.386 h [1993]). É un centro comercial e un dos portos máis importantes do país. Foi fundada en 1849 polo vicealmirante Bouet-Willaumez.