Libro del caballero Cifar

Libro del caballero Cifar
[LIT]

Novela cabaleiresca castelá anónima, da primeira metade do s XIV, editada en 1512. Narra as aventuras de Cifar, da súa muller, Grima, e dos seus fillos, Garfín e Roboán. Manifesta, entre outras, influencias orientais, latinas, da lenda de santo Eustaquio, da materia de Bretaña e das Partidas.