Licia

Licia

Antiga rexión do SO de Asia Menor, comprendida entre os golfos de Fethiye e de Antalya. Estivo habitada desde a Antigüidade e as primeiras testemuñas históricas remóntanse á súa conquista polos exércitos de Ciro (546 a C). Unida a Persia, conservou unha certa autonomía ata que foi sometida por Alexandre o Grande. No s III a C organizouse unha confederación licia que seguiu o modelo das confederacións gregas e despois dun breve período de submisión aos rodios, mantivo a súa independencia ata que foi anexionada ao Imperio Romano polo emperador Claudio en 43.

Palabras veciñas

lichi | Lichia | Lichtenstein, Roy | Licia | lícido -da | Licín | Licinia, gens