Licinia, gens
Licinia, gens
Familia romana de orixe plebeo, que procede do territorio etrusco e que representou un importante papel político na Roma republicana. Un membro dela, Caio Licinio Estolón (s IV a C), tribuno da plebe (376-367 a C), foi o autor das leis licinias, polas que os plebeos accederon ao consulado, creouse o cargo de pretor e regulouse o aproveitamento do ager publicus. As principais ramas desta familia foron a dos Crasos e a dos Lúculo.