Liexa

Liexa

Provincia do L de Bélxica, situada en Valonia, fronteiriza ao L con Alemaña (3.862 km2; 1.019.442 h [2000]). A capital é Liexa. Comprende as rexións naturais de Herve, ao NL, de hábitat disperso e economía gandeira e a de Hesbaye, ao NO, de economía agraria e dúas áreas industriais destacadas, a situada ao redor de Liexa, centrada no carbón, e a área do val de Vesdre, centrada en Verviers e baseada no sector téxtil. Provincia basicamente francófona, comprende pequenos núcleos de fala flamenga en Eupen-et-Malmédy e tamén o distrito de Moresnet.

Palabras veciñas

Lietz, Hermann | Lievens, Jan | Liexa | Liexa | liexés -sa | Lifar, Sergej | Life