Ligonde, serra de

Ligonde, serra de

Aliñación montañosa do centro de Galicia, que serve de límite ás parroquias de Ligonde e Marzán (Monterroso) e ás de Nespereira e San Mamede do Río (Portomarín). Morfoloxicamente correspóndese cos contrafortes orientais da Dorsal Occidental Galega e forma parte, xunto cos montes de San Simón e os montes da Vacaloura, da unidade que marca a divisoria das concas do Miño, ao L, e do Ulla, ao O. A súa liña de cumios, que segue unha dirección ONO-LSL, sitúase ao redor dos 700 m de altitude. Culmina nos 747 m da Pena da Lebre.