Lille

Lille

Capital do departamento de Nord, situada no Flandres francés, Francia (184.657 h [1999]). Localizada na beira do río Deule, estendeuse arredor do núcleo primitivo e do porto, creado artificialmente en 1948, converténdose no terceiro porto interior francés, despois do de París e Estrasburgo. Tradicionalmente foi un núcleo industrial téxtil, do que tamén destacan a industria mécanica e eléctrica. En 1030 foi fortificada e destruída en 1214. Reconstruída, obtivo privilexios comunais (s XIII) e formou parte, sucesivamente, de Francia e dos estados da casa de Borgoña. Cidade próspera no s XV, pasou a mans dos Habsburgo. Luís XIV conquistouna en 1667 e formalizouse a situación en 1713 pola Paz de Utrecht. Famosa polas porcelanas, a súa fábrica foi fundada en 1696.