Lillo, San Miguel de

Lillo, San Miguel de

Igrexa situada en Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Ramiro I. Orixinariamente tivo planta de tres naves separadas por columnas, cunha tribuna de cachotería aos pés, que tiña un uso rexio. Só se conserva o pórtico, con dúas cámaras aos lados, e o primeiro tramo das tres naves. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1885) é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.