Lilongwe

Lilongwe

Capital de Malawi (desde 1975) e do distrito homónimo, na rexión Central, situada nas chairas interiores (440.471 h [1998]). É o centro agrícola dunha fértil rexión onde o tabaco é o cultivo principal. A industria local céntrase na confección.