limeira

limeira

(< 3 lima)

Nome científico: [Citrus aurantiifolia, Fam das rutáceas]
s f [PLANTA]

Arbusto ou árbore, de 2 ata 6 m de altura, moi ramalludo e con fortes púas. As follas son anchas e cun pedúnculo corto. As flores son pequenas, brancas e arrendecentes que orixinan froitos acedos de cor verde ou amarela cando maduran, denominados lima. É orixinario do SL asiático pero cultívase coma árbore froiteira nas zonas de clima cálido, semicálido, semiseco e temperado de todo o mundo. En Galicia aparece, nalgúns parques, como árbore ornamental.

Palabras veciñas

Limburg | Limburg | limburxita | limeira | Limeira | limeño -ña | Liméns