limeira
limeira
(< 3 lima)
s
f
[PLANTA]
Arbusto ou árbore, de 2 ata 6 m de altura, moi ramalludo e con fortes púas. As follas son anchas e cun pedúnculo corto. As flores son pequenas, brancas e arrendecentes que orixinan froitos acedos de cor verde ou amarela cando maduran, denominados lima. É orixinario do SL asiático pero cultívase coma árbore froiteira nas zonas de clima cálido, semicálido, semiseco e temperado de todo o mundo. En Galicia aparece, nalgúns parques, como árbore ornamental.