Lin Biao ]

Lin Biao ]

Militar e político chinés. Militante comunista desde 1924, uniuse ao Exército Vermello e participou na Longa Marcha (1934-1935) con Mao Zedong. Loitou contra os xaponeses (1938-1939) e distinguiuse durante a guerra civil. Dirixiu as forzas chinesas en Corea (1950) e chegou a mariscal (1955). Vicepresidente do Comité Central do Partido Comunista (1958) e herdeiro político de Mao Zedong, organizou a Revolución Cultural (1966) e creou un exército popular, pero as súas teses políticas acabaron enfrontándoo con Zhou Enlai e en 1971 foi acusado dun intento de golpe de estado e morreu, oficialmente, nun accidente aéreo cando fuxía cara a URSS.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Huang’an, Hubei

  • Deceso

    Lugar : Mongolia