Linares

Linares

Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao pé de Sierra Morena e delimitado ao N polo río Guadiel e ao S polo Guadalentín (57.578 h [2001]). É unha área rica en chumbo. Desenvolvéronse importantes industrias de maquinaria agrícola e vehículos, química e electroquímica e de elaboración de licores e aceite, e é tamén un nó ferroviario.