Lincoln, Abraham
Político estadounidense. Participou na loita contra os indios (1832) e foi deputado whig por Illinois (1834-1842). Perdeu os seus apoios cando se opuxo á guerra de México. No 1854 pronunciouse contra a escravitude nos estados do NO e a favor dunha fórmula federal. Ingresou no partido republicano no 1856 e foi elixido presidente no 1860, ao mesmo tempo que se separaron da Unión sete estados do S que formaron a Confederación Sudista. A expansión industrial e demográfica e a insurrección dos escravos precipitaron a Guerra Civil. No 1862 proclamou a emancipación de todos os escravos e, finalizada a Guerra de Secesión, mostrouse moderado e organizou un programa de reconstrución do S. Reelixido como presidente no 1864, morreu asasinado nun teatro de Washington polo sudista John Wilkes Booth.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hodgenville, Kentucky -
Deceso
Lugar : Washington