Linné, Carl von

Linné, Carl von

Naturalista sueco. Coñecido tamén pola forma latinizada do seu nome, Carolus Linnaeus, e pola españolizada, Linneo, estudiou medicina nas universidades de Lundt e Uppsala. Realizou expedicións botánicas en Laponia, viaxou por Europa, onde ampliou os seus estudios de medicina, ata que en 1738 se estableceu en Uppsala como médico privado, e como profesor da universidade, primeiro de medicina (1741) e logo de botánica (1742). Considerado o pai da taxonomía, ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos, inventou o sistema de nomenclatura científica binomial, aínda en vigor, en que a cada especie se lle asigna un nome formado por dúas partes: a primeira é o nome xenérico, que o comparte con outras especies próximas e se escribe en maiúsculas; a segunda é o nome específico, escrito en minúsculas. Á súa vez, os xéneros agrupounos en familias, estas en ordes, as ordes en clases, as clases en filos e, por último, os filos en reinos. Foi partidario da inmutabilidade das especies dos seres vivos, que defendeu coa frase “tot sunt species quot ab initio creavit infinitum ens (‘hai tantas especies como creou ao principio o ser infinito’)”. Clasificou 8.000 especies de animais e 6.000 especies de plantas. Destacan as súas obras Systema naturae (1735), Flora lapponica (1737), Genera plantarum (1737), Philosophia botanica (1751), Fundamenta botánica e Species plantarum (1753), considerada o principio oficial da nomenclatura biolóxica moderna.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rashult, Sm<land

  • Deceso

    Lugar : Uppsala