Lino
Lino
[MIT]
Personaxe mitolóxico, fillo de Anfímaro e dunha musa. Músico de recoñecido prestixio, atribuíaselle a invención do ritmo e da melodía. Por mor da súa arrogancia, ao pretender competir con Apolo na arte do canto, foi asasinado polo deus.