Lino

Lino
[ONOM]

Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Ëίíïò, latinizado en Linus. De orixe probablemente asiática, hai quen ve na súa etimoloxía a planta linon ‘liño’ ou o verbo latino linio ‘unxir’. Na mitoloxía grega existen varias lendas de Lino, músico e cantor. San Lino (s I) foi papa e celébrase o 23 de setembro.

Refráns

  • A liñaza por san Marcos, nin nada no saco.
  • A que o liño aliña, esa o fía.
  • Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
  • Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
  • Liño de Holanda pesa e non anda.
  • O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
  • O liño e a estopa, á sombra.
  • Xa vén o tempo do liño mazar; xa vén o tempo de estroupelear, porque este mundo aquí ha quedar.

Palabras veciñas

Linné, Carl von | linneano -na | linneón | Lino | Lino | liño | liñó