Lino
Lino
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Ëίíïò, latinizado en Linus. De orixe probablemente asiática, hai quen ve na súa etimoloxía a planta linon ‘liño’ ou o verbo latino linio ‘unxir’. Na mitoloxía grega existen varias lendas de Lino, músico e cantor. San Lino (s I) foi papa e celébrase o 23 de setembro.
Refráns
- A liñaza por san Marcos, nin nada no saco.
- A que o liño aliña, esa o fía.
- Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
- Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
- Liño de Holanda pesa e non anda.
- O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
- O liño e a estopa, á sombra.
- Xa vén o tempo do liño mazar; xa vén o tempo de estroupelear, porque este mundo aquí ha quedar.