Linyola
Linyola
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (29 km2; 2.374 h [2001]). Posúe pequenas lagoas endorreicas, unha intermitente ao N da vila, e outra permanente ao SO. A agricultura dedícase ao cultivo de forraxe, cereais e froitas. Na gandería destacan o gando porcino e ovino. A industria está representada pola construción e a confección.