Lippi, Filippino
Lippi, Filippino
Pintor italiano. Formouse con Botticelli e co seu pai Filippo Lippi. En Florencia completou os frescos de Masaccio da capela Brancacci na igrexa de Santa Maria del Carmine e fixo as vidas de san Filipe e san Xoán (1495-1502) na capela Strozzi de Santa Maria Novella. Pintou os frescos do ciclo da vida de san Tomé de Aquino (1488-1493) na capela Caraffa da igrexa de Santa Maria sopra Minerva en Roma. Fixo unha interpretación versátil da tradición e deixouse influír polo naturalismo flamengo, como en Apparizione della Vergine a san Bernardo (1483-1488).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Prato -
Deceso
Lugar : Florencia