3 lirio
3 lirio
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe que presenta o corpo longo e estreito, de cor gris azulada con tres aletas dorsais espaciadas e dúas anais. Nada en cardumes e ascende durante a noite. Aliméntase de crustáceos pequenos e doutros peixes. É moi común en Galicia.
Sinónimos: mexete. -
lirio de altura
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos perciformes que pode acadar 90 cm de lonxitude e ten aspecto fusiforme. É unha forma depredadora, de costumes peláxicas, propia do Atlántico cálido, que penetra nas costas mediterráneas na primavera.