lisozima

lisozima

(< gr λύσεως‘disolución’ + (en)

Nome científico: [N-acetilmuramoil-hidrolase]
s m [BIOQ]

Enzima mucolítico, do grupo das hidrolases, que hidroliza os polisacáridos complexos da parede celular dalgunhas bacterias e produce a súa lise. Hidroliza os enlaces glicosídicos entre os aminoazucres N-acetilglicosamina e o ácido N-acetilmurámico alternativo da cadea do polisacárido. O lisozima é unha proteína dunha soa cadea polipeptídica de 129 residuos de aminoácido de secuencia coñecida, entrecruzada por catro puntos -S- covalentes formados por cadeas laterais de cisteína. Pódese atopar na maioría das segregacións corporais e a súa estrutura tridimensional foi determinada ata o nivel do átomo en 1966 coa axuda da difracción de raios X.