Lissajous, curvas de
Lissajous, curvas de
[FÍS]
Curvas que aparecen na composición de dous movementos vibratorios harmónicos perpendiculares entre eles. Obtéñense curvas moi diversas, en xeral abertas, pero se a relación entre os períodos dos dous movementos é racional, a curva obtida é pechada e o movemento resultante é periódico.