Liste, Fundación

Liste, Fundación

Fundación sen ánimo de lucro constituída o 15 de xuño de 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e Olimpio Liste Regueiro, que doou como patrimonio inicial preto de 2.000 obxectos. Ocúpase do mantemento e xestión do Museo Liste, de orientación etnográfica, cunha visión globalizadora de todo o ámbito da Comunidade Autónoma Galega.