Liste Forján, Xesús

Liste Forján, Xesús

Militar e político. Coñecido como Enrique Líster, emigrou a Cuba, onde ingresou no Partido Comunista (1927), pero viuse obrigado a volver pola represión do réxime de Machado. Incorporouse ao grupo de Santiago de Compostela do PCE como militante activo e líder sindical. Delegado no IV Congreso do Partido Comunista, en 1932 marchou á URSS ata 1935. Membro das Milicias Populares durante a Guerra Civil, ascendeu a comandante do 5º Reximento e dirixiu as Milicias Galegas. Posteriormente foi xefe da Brigada Mixta e coronel do V Corpo do Exército republicano. Exiliouse na URSS ao final da guerra. Durante a Segunda Guerra Mundial acadou o grao de xeneral do Exército Vermello, e estableceuse en París onde se responsabilizou dos emigrantes do Partido Comunista. Desde 1970 formou parte da dirección do PCEE pero a súa disidencia co sector liderado por Santiago Carrillo custoulle a expulsión. En 1973 constituíu o Partido Comunista Obrero Español, de tendencia prosoviética, e en 1977 instalouse definitivamente en España. Escribiu Memorias de un luchador (1977) e Así destruyó Carrillo el PCE ; (1983).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ameneiro, Teo

  • Deceso

    Lugar : Madrid