Liszt, Franz

Liszt, Franz

Compositor e pianista. Estudiou en Viena con K. Czerny e A. Salieri, e en París con F. Paer e A. Reicha. Iniciouse como pianista en 1827. Como compositor, arredor de 1830 escribiu obras para piano, como Album dun viaxeiro (1836). Máis adiante ampliou a súa linguaxe harmónica romántica (Sonata en si menor, 1852-1853; Années de Pèlerinage, 1867-1877). As características nacionais húngaras penetraron no seu estilo romántico e enriquecérono. A finais do século escribiu obras monumentais para orquestra, como os poemas sinfónicos Les préludes (1848), Tasso (1849), Mazeppa (1851), e as sinfonías Fausto (1854) e Dante (1855-1856). Nas décadas de 1870-1880 escribiu composicións para piano que ampliaban os límites do romanticismo e representan pasos decididos cara ao estilo musical do s XX.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Doborján, Hungría, actual Raiding, Burgenland

  • Deceso

    Lugar : Bayreuth, Baviera