Little Rock

Little Rock

Capital do estado de Arkansas, EE UU (183.133 h [2000]). Situada na ribeira dereita do río Arkansas, ao L dos montes Onachita, é un centro comercial e industrial (téxtil e da madeira). Conta cun destacado porto fluvial e con xacementos de aluminio.