Little Theatre
Little Theatre
[ESPECT]
Movemento teatral estadounidense. A finais do s XIX e principios do s XX, comezou un movemento en EE UU de pequenos colectivos teatrais de carácter afeccionado que tiñan como finalidade acrecentar a vida cultural da comunidade. Cobrou relevancia coa creación do The Drama League (1909), coa publicación do traballo de Percy MacKaye, The Civic Theatre (1912), e coa incorporación do ensino e a práctica teatral á Universidade de Harvard. Propugnaron a lectura de textos, clases de iniciación ao teatro, lecturas dramatizadas e promoción de novos autores. A partir da década de 1920 estendeuse por todos os territorios de EEUU.