Ljubimov, Jurij Petrovič

Ljubimov, Jurij Petrovič

Director de escena ruso. En 1984 foi expulsado do seu cargo de director do Teatro Taganka e do país. Seguidor de K. S. Stanislavskij, Meyerhold, Vakhtangov e B. Brecht, das súas montaxes destacan Dez días que conmocionaron o mundo (1965), Escoita! (1967), Tartufo (1969), Hamlet (1974), O troco (1976), A casa no embarcadoiro (1980) e Crime e castigo (1983). Dos seus últimos traballos sobresae unha versión de Os irmáns Karamazov.

Cronología

  • Nacemento