Llanera

Llanera

Municipio de Asturias, situado ao N de Oviedo e regado polo río Nora (12.302 h [2001]). O sector terciario ocupa máis da metade da poboación activa. Na industria, xunto coas manufacturas da madeira, predomina o sector químico e siderúrxico. O sector primario é esencialmente agrícola con cultivos forraxeiros e de patacas. Conta con xacementos de arxila e carbón.