Llano, Pedro de

Llano, Pedro de

Comerciante e político. De ideoloxía liberal, foi tesoureiro do club La Esperanza. Foi denunciado e perseguido polos absolutistas trala volta de Fernando VII (1814). Participou na conspiración e sublevación de Díaz Porlier (1815) e foi membro da Xunta constituída na Coruña para organizar a administración da sublevación e exercer o poder político. Trala caída de Díaz Porlier exiliouse en Reino Unido e foi condenado a morte en rebeldía. Volveu á Coruña despois da sublevación de Riego (1820) e apoiou o novo réxime. Participou na Sociedade Patriótica e foi rexedor da cidade desde 1821. En maio de 1823 exiliouse en Liverpool.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Liverpool