Llanos, Los
Llanos, Los
Extensa rexión de América do Sur, que ocupa unha gran parte de Venezuela central e o NL de Colombia (300.000 km2). É unha ampla chaira, comprendida entre o macizo de Güiana e os Andes, en que se distinguen diferentes subrexións: Los Llanos altos occidentais, os centrais, os baixos, os de Monagas e Las Mesas. O clima é tropical e é característico o vento fresco guarinés. A vexetación é de sabana herbácea e de selva en Los Llanos altos. Está moi pouco poboada e as cidades máis importantes son Ciudad Bolívar e Calabozo. A gandería é a actividade máis destacada.